Publicacións A4
Memorias, guías, informes e materiais didácticos, con estilos pensados para documentos longos e doados de actualizar.
Deseño libros, guías e presentacións, escenarios para eventos e vídeos didácticos animados para organismos públicos. Claros, coidados e fieis a cada manual de identidade.
Dun folleto a un escenario completo: deseño cada peza coa mesma atención á retícula, á tipografía e á identidade do organismo.
Memorias, guías, informes e materiais didácticos, con estilos pensados para documentos longos e doados de actualizar.
Maquetación completa, do interior á cuberta, lista para imprenta.
Modelos e presentacións para xornadas, relatorios e formación.
Pezas de difusión compactas para campañas, programas e eventos.
Pregados coa información ordenada panel a panel.
Estruturación do escenario, tótems, roll-ups e deseño de pantallas para xornadas, congresos e actos institucionais.
Vídeos explicativos con animacións para contar procesos, programas e contidos educativos de forma clara.
Unha mostra de publicacións, eventos e vídeos realizados para organismos públicos.

Sei como funcionan os prazos, as revisións e os procedementos de contratación, e adáptome a eles sen friccións.
Aplico os manuais de identidade corporativa con rigor, para que cada peza sexa recoñecible como parte do organismo que a publica.
Os meus clientes confían no meu criterio: explícanme o encargo unha vez, e eu ocúpome de que chegue ben e a tempo.
Un proceso sinxelo que se axusta tanto a un encargo puntual como a unha colaboración estable.
Envíasme os contidos, o formato e a data de entrega. Se fai falta, resolvemos dúbidas nunha chamada breve.
Preparo unha primeira proposta coa estrutura e o estilo, para validar o enfoque antes de desenvolver todo o traballo.
Incorporo as correccións de forma ordenada, coidando a coherencia do conxunto en cada rolda.
Recibes os arquivos finais para imprenta, pantalla ou publicación dixital, xunto cos editables se os precisas.
«Deseñar […] é engadir valor e significado, iluminar, simplificar, aclarar, modificar, dignificar, dramatizar, persuadir e, quizais, mesmo divertir».
Paul Rand, Design, Form, and Chaos
Cóntame que necesitas e para cando, xa sexa unha publicación, un evento ou un vídeo. Respondo en menos de 24 horas laborables, e tamén podo enviarche orzamento para contratos menores.